Ge ou He (Г, г) é unha letra do alfabeto cirílico. Pronúnciase de formas distintas en distintas linguas.
Provén da gamma grega e semella exacta a ela, a Ge maíuscula semella unha gamma maíuscula, mentres que a Ge minúscula semella unha gamma maíuscula pero máis pequena.
En ruso, serbio, búlgaro e macedonio Ge pronúnciase coma un "G" (p.e. coma en gato).
En ucraíno e belaruso chámase "He" e pronúnciase similar a un "H" inglés suave, mentres que o fonema "G" que representa nas demais linguas represéntase mediante un Ghe.
Códigos
As súas correspondencias en HTML son: Г ou Г para a maíuscula e г ou г para a minúscula.