Gaua (anteriormente coñecida como Illa Santa María) é a maior das Illas Banks na provincia de Torba no norte de Vanuatu. Ten unha superficie de 342 km².
Xeografía física
Conta cun terreo accidentado, a maior altura chega ata os 797 m. do Monte Gharat, o pico do volcán activo no centro da illa. A erupción máis recente foi en 2011. O volcán ten unha caldeira de 6 x 9 km, no que se atopa un lago de cráter coñecido como Lago Letas, o lago máis grande de Vanuatu. Ao leste do lago atópase a Fervenza Siri (120 m de caída).
Poboación e idiomas
A illa tiña unha poboación de 2.491 habitantes en 2009, cunha taxa de crecemento anual do 2,0 por cento.
[1]
Esta poboación atópase dispersa en varias aldeas da costa nos lados oeste, sur e nordés da illa. O lado leste ten algunhas aldeas cunha poboación de inmigrantes procedentes principalmente das dúas illas máis pequenas Merig e Merelava, ao sueste de Gaua. O pobo máis grande é Jolap, na costa oeste.[2]
Ademais da lingua desta poboación inmigrante (Mwerlap), hai cinco linguas faladas tradicionalmente en Gaua: Lakon ou Vuré; Olrat, Koro, Dörig e Nume.
Historia
Gaua foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernández de Quirós, do 25 ata 29 o abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Santa María.[3]
Economía
A poboación de Gaua vive da economía agrícola tradicional da Melanesia, en combinación coa pesca e a horticultura.
As principais exportacións son a copra e o cacao. Gaua ten un aeroporto (código ZGU).
Notas
- ↑
Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión".
- ↑ Satellite photo of Jolap village Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.
Ligazóns externas