Desde 1578 até a súa morte, en 1603, Gaspar de Arce ocupou o cargo de Mestre Maior da Catedral de Santiago de Compostela. Nela, Gaspar de Arce móstrase contrario ás trazas dadas por Rodrigo Gil de Hontañón para a obra do claustro, propoñendo a supresión da torre que se tería que levantar nun dos ángulos, prefirindo unha esquina en redondo, formulación que finalmente sería desbotada, e culminou a realización da mesma.
Gaspar de Arce está considerado como un mestre de primeira liña que se dedicaba fundamentalmente a trazar obras nas que logo dirie a mestres do seu contorno para que as executen. O seu prestixio e fama posibilitáronlle a contratación de numerosas obras, a maior parte relixiosas, aínda que non faltan algunhas intervencións en obras civís tanto públicas como privadas.
En 1583 Gaspar de Arce contratou a restauración da casa do deán Baltasar López Gallo en Santiago de Compostela. Nos anos sucesivos documentárose numerosas intervencións do mestre trasmerano:
Gaspar de Arce faleceu en 1603 en Santiago de Compostela. Deixou un fillo, o licenciado Juan de Arce Solórzano,[5] e unha filla, María de Arce, casada con Pedro Pérez Calderón de la Barca, fillo de Dorotea e sobriño do dramaturgo Pedro Calderón de la Barca, dos que descenden os Arce Calderón de la Barca galegos,[6] que non seguen a tradición paterna. Porén, seu sobriño Gaspar de Arce Solórzano, tamén coñecido como Gaspar de Arce "o Mozo", seguiu o oficio de seu tío. Durante anos existiu unha certa confusión entre a súa obra e a do primeiro, Gaspar de Arce "o vello", ao que acompañou durante toda a súa vida e co cal se formou.[7] É probábel que Gaspar de Arce "o mozo" entrara a traballar na catedral en 1578 e desde esa data até 1603 se formara no taller de seu tío. Ese ano, tras a morte de Gaspar de Arce "o Vello", foi admitido como aparellador da catedral até o seu falecemiento en 1618. En 1617 trazou a capela de San Xacinto na igrexa do Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Galería
Deseño do alzado e da planta da torre das campás da Catedral de Lugo, realizadas por Gaspar de Arce en 1575
Pórtico do Hospital de San Roque
Claustro da Catedral de Santiago, obra finalizada por Gaspar de Arce
Mosteiro de San Martiño Pinario no que Gaspar de Aece foi veedor
Igrexa do Mosteiro de Montederramo, obra de Gaspar de Arce
↑Dúo Ramila, Diana (2011). "Espacio, Tiempo y Forma Serie VII, Historia del Arte, t. 24, 2011". En UNED. Maestros canteros de Trasmiera en Galicia (siglo XVI). pp. 81–100. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2021.
↑Bonet Correa, A. (1984): La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, p. 98.
↑Otero Túñez, R. (1986): El "Legado" artístico de la Compañía de Jesús a la Universidad de Santiago. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela, p. 24.
↑Pode tratarse do autor de Tragedías de amor, e preceptor do VII Conde de Lemos. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, na súa obra Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos (1576-1622) (Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997) sinala que Arce Solórzano é galego e preceptor do Conde de Lemos (pp. 101 e 145). Pola súa parte, Isabel Enciso (2007) fai constar que o VII Conde de Lemos «criouse e educouse baixo a supervisión de aios e mestres no ambiente íntimo da residencia de Monforte e tamén cursou estudos cos xesuítas. A educación en Palacio estivo a cargo do seu preceptor, Juan de Arce Solórzano, autor de Tragedias de amor» (p. 51). No Fondo da Real Audiencia do Reino de Galicia do Arquivo Xeral de Galicia encóntrase un preito que situaría a Juan de Arce Solórzano como demandado nunha causa sobre bens en Monforte de Lemos herdados de seu pai Gaspar de Arce: Benito Álvarez co licenciado Juan de Arce Solórzano, sobre reivindicación duna casa e outros bens en Monforte de Lemos (xaneiro de 1612): ES.GA.15030.ARG/1.1.1.2.3.1.2.13.//Caixa 23920-2 Fondo da Real Audiencia do Reino de Galicia.