A garza vermella[1] (Ardea purpurea) é unha ave da familia das garzas (Ardeidae). É nativa de África, Europa meridional e central e Asia. As poboacións europeas son migratorias e hibernan en África. As poboacións do norte de Asia tamén migran cara terras máis meridionais.
Taxonomía
Segundo os autores, hai de tres a catro subespecies:
Ardea purpurea purpurea Linnaeus, 1766. Nativa en África, Europa e Asia.
Ardea purpurea bournei (de Naurois, 1966), Garza de Bourne. Nativa de Cabo Verde (para algúns autores inclúese dentro da subespecie purpurea, pero para outros trátase dunha especie distinta coñecida como Ardea bournei).
Ardea purpurea madagascariensis Oort, 1910. Nativa de Madagascar.