Gaojing

Gaojing, tamén coñecidos como SuperView, é unha serie de satélites de recoñecemento ópticos civís chineses.[1][2]

Características

Lanzáronse catro satélites GaoJing en quendas de dous, os primeiros o 28 de decembro de 2016 e os segundos o 9 de xaneiro de 2018, ambos pares mediante foguetes CZ-2D. Un fallo no primeiro lanzamento deixou os dous satélites nunha órbita máis baixa da prevista, polo que os satélites tiveron que usar a súa propia propulsión para chegar á órbita final, acurtando o seu tempo esperado de vida. Os satélites Gaojing funcionan en órbitas de 500 km de altura, desde onde poden obter imaxes cunha resolución de 0,5 m en modo pancromática e 2 m en modo multiespectral.[2][1]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
GaoJing 1 28 de decembro de 2016 CZ-2D Fallo parcial
GaoJing 2 28 de decembro de 2016 CZ-2D Fallo parcial
GaoJing 3 9 de xaneiro de 2018 CZ-2D Éxito
GaoJing 4 9 de xaneiro de 2018 CZ-2D Éxito

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "GaoJing-1 01, 02, 03, 04" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "GaoJing-1 01, 02, 03, 04 (SuperView 1)" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos