Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)
Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1] ou Pteroclididae.[2] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[2]
Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois[3] ou gangas.[4] Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.
Características
As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.
Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.
Xéneros e especies
Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas