Trátase do maior dos lagartos das Canarias, alcanzando até os 80 cm de lonxitude, polo que tamén se coñece como lagarto xigante de Gran Canaria.
Até os anos 1970 todos os lagartos da illa de Gran Canaria eran considerados como subespecies de Gallotia simonyi debido ao seu parecido morfolóxico. Posteriormente, varios traballos revelaron que existían suficientes diferenzas esqueléticas e ectomorfolóxicas para seren consideradas especies ben diferenciadas, teoría que foi finalmente demostrada grazas ás técnicas de secuenciación do ADN.[3]
Gallotia stehlini Hernández et al., 2000 [8] (mome actualmente válido)
Características
Coloración
É un réptil de corpo robusto, de coloración de parda agrisada a avermellada escura que, ao longo do dorso presenta bandas transversais claras de bordo escuro. O ventre é abrancazado. As partes superiores da cabeza e da parte anterior do tronco son máis escuras, ás veces amouradas.
Nos machos adultos, especialmente os máis vellos, o dorso é amourado, e nos costados aparecen ocelos claros arredondados, e a garganta tórnase alaranxada.
Os inmaturos son de cor parda olivácea, con dúas bandas escuras lonxitudinais no dorso, dúas bandas claras a cada lado do corpo e numerosos ocelos claros nos costados.
Tamaño
Os exemplares máis grandes poden medir até 80 cm, o que os converte na especie actual máis grande do seu xénero.
Os machos alcanzan maior tamaño e teñen a cabeza máis grande que as femais.
Unha comparación entre a lonxitude alcanzada polos exemplares actuais e a que presentan os ósos recollidos demostra que, desde a chegada áa illa dos seus primeiros poboadores humanos, existe unha tendencia á redución do tamaño nos exemplares desta especie.
Distribución e hábitat
Distribución
Esta especie é endémica da illa de Gran Canaria, onde se pode encontrar na práctica totalidade da illa, desde o nivel do mar até máis de 1 850 msnm.[1] Antes da chegada do home ao arquipélago tamén existiu unha poboación en Tenerife, o que se sabe pola presenza de restos óseos encontrados nos arredores da vila dee Benijo.
Hai tamén poboacións adicionais desta especie na illa de La Palma e en dúas zonas do litoral oriental de Fuerteventura, poidendo encontrarse en Puerto del Rosario e no Barranco de la Torre, pero estas poboacións, demograficamente viábeis, tiveron a súa su orixe en introducións ocorridas ao longo do século XX.[3]
Hábitat
En Gran Canaria abarca a práctica totalidade dos hábitats dispoñíbeis, encontrándose en áreas abertas, matogueiras, gargantas rochosas e húmidas, pero está ausente das zonas boscosas.[1] Pode verse habitualmente en zonas de cardonal-tabaibal, asociadas ás zonas de pouca altitude, nos bosquestermófilos, nas zonas das cumbres (como qiuedou dito, é fácil encontralo por riba dos 1 850 m, e nos chamados nas Canarias malpaíses. Tamén se adapta a zonas alteradas polo home, vivindo en zonas agrícolas e muros.[10] É pouco abundante nos piñeirais de Pinus canariensis, onde se encontra recluído nos claros,[3] e parece non estar presente nas zonas sen vexetación das dunas de Maspalomas.[10]
O lagarto xigante de Gran Canaria é un animal omnívoro, aínda que a súa alimentación ten unha base vexetal de follas e sementes. A proporción de plantas na súa dieta aumenta co seu talle, mentres que as súas presasanimais, na súa maioría artrópodos, son pouco comúns. Presenta tendencia cara ao canibalismo. Algúns compoñentes da súa dieta son:[10]
Inician a súa madurez sexual aos catro ou cinco anos, o poden chegar a vivir até once anos. Durante a cópula, o macho morde á femia no pescozo. A femia pon unha única posta ao ano de entre 5 e 14 ovos.[10]
Cando esta especie séntese ameazada, a súa primeira estratexia é a fuxida. É máis veloz que outras especies do xénero, polo que as súas poboacións non se viron tan minguadas polas especies invasoras como as do resto de lagartos das illas Canarias. Ademais, os adultos poden facer fronte a unha ameaza coa boca aberta e emitindo sons de aviso.[10]
Recentemente foi introducida na illa de Gran Canaria, concretamente na montaña de Amagro en Gáldar e en Telde, a serpente rei de California (Lampropeltis getula californiae) que se está alimentando de Gallotia stehlini principalmente. Existe un proxecto que está levando a cabo a erradicación deste depredador.
Ameazas
Aínda que esta especie en xeral aínda é abundante, vese afectada pola depredación de gatos (domésticos e asilvestrados) e ratas.[1]
↑ 3,03,13,23,3Mateo, J. A. (2002): Gallotia stehlini (Schenkel, 1901) - Lagarto de Gran Canaria". En: Pleguezuelos, J. M., Márquez, R., Lizana, M. (Eds.) Atlas y Libro Rojo de los anfibios y reptiles de España. Madrid: Dirección General de Conservación de la Naturaleza-Asociación Herpetológica Española, pp. 210-211.
Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizards tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa1430: 1-86.
Bischoff, W. (1985): "Die Herpetofauna der Kanarischen Inseln". Herpetofauna7 (34): 11-22.
Schenkel, Ehrenfried (1901): "Achter Nachtrag zum Katalog der herpetologischen Sammlung des Basler Museums". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel13: 142-199. (Lacerta galloti var. stehlini, new variation, p. 187).
Hernández, E., Nogales, N. & Martín, A. (2000): "Discovery of a new lizard in the Canary Islands, with a multivariant analysis of Gallotia (Reptilia: Lacertidae)". Herpetologica56 (1): 63-76.