Galicia Nueva foi un semanario editado en Montevideo entre 1918 e 1919.
Traxectoria
Apareceu o 15 de setembro de 1918. Semanario bilingüe dirixido por Xosé María Barreiro, foi continuador de Tierra Gallega e herdou algúns dos seus colaboradores, como Miguel Barros Castro e Ángel Aller. Cesou a súa publicación o 11 de xaneiro de 1919.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas