Tralo Tour de Francia 2017, só en 37 das 101 edicións disputadas houbo representación de ciclistasgalegos no Tour de Francia. A primeira delas foi no Tour de Francia 1949, cando o ponteareánEmilio Rodríguez foi seleccionado entre os 6 integrantes do equipo español, téndose que retirar na quinta etapa. Dende entón outros 10 corredores galegos participaron na carreira ciclista máis importante do mundo, salientando os resultados acadados por Óscar Pereiro e Vicente López Carril, que conseguiron rematar no podio final de París, en primeira e terceira posición, ademais de acadar vitorias de etapa. Outros ciclistas conseguiron rematar entre os 10 primeiros, como Álvaro Pino e Marcos Serrano, sendo tamén este último quen de gañar unha etapa.
De seguido amósase unha lista cos datos sobre os corredores, colocados segundo a posición acadada na súa mellor participación:
Óscar Pereiro Sío
Óscar Pereiro (1977- ) competiu en 6 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 4 ocasións, e rematando sempre entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 2006, cando acadou a vitoria na clasificación xeral trala descualificación por dopaxe de Floyd Landis. En 2005 acadou a súa única vitoria de etapa, na localidade de Pau. Nese mesmo ano gañou o premio especial da combatividade.
Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 9 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 8 ocasións, e rematando 5 veces entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 1974, cando acadou o terceiro posto na clasificación xeral despois de ocupar o segundo posto durante varias xornadas. É o ciclista galego que máis etapas gañou na carreira francesa, con tres: 1 en 1973 en Niza, 1 en 1974 en Serre Chevalier e 1 en 1975 en Avoriaz.
Álvaro Pino (1956- ) competiu en 5 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 4 ocasións, e rematando 2 veces entre os 10 primeiros clasificados. As súas mellores participacións foron as dos anos 1986 e 1988, cando acadou o oitavo posto da clasificación xeral.
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Marcos Serrano Rodríguez
Marcos Serrano (1972- ) competiu en 7 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 6 ocasións, e rematando 1 vez entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 2001, cando acadou o noveno posto da clasificación xeral. En 2005 acadou a súa única vitoria de etapa, na localidade de Mende.