Santa María de Galdo é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 578 habitantes (274 homes e 304 mulleres) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.
Situación
Sitúase a 4 km da vila de Viveiro. Limita coas parroquias de Magazos, Landrove, Vieiro, Bravos (Ourol) e Cabanas (O Vicedo).
Patrimonio
- Mámoa de Pedras Brancas de Padrón.
- Castro de Sobrevila.
- Pazo da Trave, que na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.
Festas
A súa semana santa, ao igual que a Semana Santa de Viveiro, ten figuras articuladas. As festas parroquiais están dedicadas a San Pantaleón.
Lugares e parroquias
Lugares de Galdo
Parroquias de Viveiro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos