A gaivota do Caspio[2] (Larus cachinnans) é unha ave da familia dos láridos.
Características
Trátase dunha especie estreitamente ligada á gaivota patiamarela e á gaivota arxéntea. Hoxe en día é considerada unha especie diferente. Habita na costa mais tamén en ríos, encoros ou lagoas interiores.
Distribución
Distribúese polo Mar Negro, Mar Caspio e nunha ampla zona de Asia Central. Recentemente é unha visitante máis habitual no norte e nordés de Europa, téndose documentado casos de hibridación coa patiamarela e arxéntea.
No período do ano 2005 ata o 2010 documentáronse 42 rexistros desta especie na Península Ibérica, seis deles en Galicia.[3]
Notas