A gaivota de cabeza cincenta ou gaivota de cabeza cinsenta[2] é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Distribución
Existen dúas poboacións: unha en América do Sur e outra en África[3]. A poboación africana ten unha distribución descontinua, dende Mauritania e Gambia ata Etiopía no leste. Chegando ata Suráfrica[3]. Nos lagos do Val do Rif, existen colonias de miles de individuos[3]. É unha especie non migratoria, senón que realiza desprazamentos a puntos máis ou menos próximos[3]. Na Península Ibérica considérase unha rareza[3].