Gabriel Alén Castro, nado en Ourense en 1977,[1] é un mestre e político galego do PPdeG
Traxectoria
Mestre especialista en Educación Física pola Universidade de Vigo en 2000. Foi concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde con maioría absoluta[Cómpre referencia].
Compaxinou a súa actividade de mestre coa alcaldía ata que en marzo de 2020 presentou a súa renuncia á alcadía para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril dese ano.[1][2]
Logo de ocupar o seu posto como deputado do Parlamento de Galicia por uns meses, en setembro de 2020 foi elixido como Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas