Félix Juncal Novas, nado no Outeiro (Bueu) o 12 de xuño de 1968, é un político galego do BNG.
Traxectoria
En 1995 foi o número dous da candidatura do BNG ao concello de Bueu encabezada por Xosé Novas Piñeiro, a cal conseguiu a alcaldía mediante un pacto co PSOE. Nas eleccións de 2003 encabezou a lista e foi elixido alcalde, pero unha moción de censura retirouno do cargo en 2004 e levou ao poder a Elena Estévez, número 2 do Partido Popular, posto que naquela altura o que fora cabeza de lista, Santiago Barros, xa dera por rematada a súa fugaz experiencia política. En 2007 a lista do BNG obtivo a maioría absoluta e volveu ser elixido alcalde. En 2011 e 2015 recuncou no cargo con maiorías absolutas. En 2019 o BNG perdeu a maioría absoluta, ao pasar de 12 concelleiros (a maioría está en 9) a 8. Con todo, repetiu á fronte do consistorio após un pacto con ACB (1 concelleiro).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas