Félix Biet

Modelo:BiografíaFélix Biet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1838 Editar o valor en Wikidata
Langres, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 1901 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Saint-Cyr-au-Mont-d'Or, Francia Editar o valor en Wikidata
Vigairo apostólico
27 de agosto de 1878 –
Bispo titular
23 de xullo de 1878 –
Diocese: Diana titular see (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1878–), sacerdote católico (1864–), misioneiro, entomólogo, ornitólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónAnnet-Théophile Pinchon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Félix Biet, nado o 21 de outubro de 1838 en Langres, Alto Marne, e finado o 9 de setembro de 1901 en Saint-Cyr-au-Mont-d'Or, Ródano, foi un misioneiro e naturalista francés.

Traxectoria

Biet naceu en 1838. Foi ordenado sacerdote en 1864. Foi enviado pola Sociedade de Misións Estranxeiras de París a Tatsienlu, no Tíbet sichuanés (hoxe coñecida como Dartsedo en tibetano e Kangding en chinés), como misioneiro, en barco, vía O Cairo, Adén, Singapur, Saigón e Shanghai.

Foi consagrado bispo e encargado do vicariato apostólico do Tíbet, hoxe diocese de Kangding, en 1898.

Félix Biet recolleu bolboretas para Charles Oberthür, que lle dedicou tres novas especies (Thecla bieti, Pantoporia bieti e Anthocharis bieti).

Outros autores dedicáronlle a Biet numerosas especies:

Alphonse Milne-Edwards describiu o gato de montaña chinés (Felis bieti). O cercopiteco Rhinopithecus bieti, recollido e enviado a París por Jean-André Soulié.[1] Garrulax bieti unha ave paseriforme da familia dos leiotríquidos endémica da China, foi outro descubrimento, nomeado por Émile Oustalet en 1897.

Exemplares destas especies están nas coleccións de historia natural do Tíbet e a China do Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París.

Félix Biet volveu a Francia ao final da súa vida por motivos de saúde. Sucedeulle o bispo Pierre-Philippe Giraudeau, coadxutor seu desde 1897.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Adrien Launay (1916): Mémorial de la Société des missions étrangères. París: Séminaire des Missions-Étrangères.
  • Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven / Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X.
  • Françoise Fauconnet-Buzelin (2012): Les Martyrs oubliés du Tibet. Chronique d'une rencontre manquée (1855-1940). París: Éditions du Cerf, col. Petit Cerf. ISBN 978-2-2040-9593-8.