A sección de hóckey herba do Futbol Club Barcelona, unha das máis antigas do club, foi fundada oficialmente o 6 de novembro de 1923 impulsada por Lluís Menéndez e Pere Cusell, mais debido ao pouco interese que espertou, viuse relegada deseguido a un segundo nivel dentro do club. O seu primeiro grande éxito chegou en 1931 cando acadou o Campionato de Cataluña de Hóckey Herba. Nos anos 40 continuaron os éxitos co triunfo final en tres copas do Rei (1942, 1944 e 1947). Os éxitos, porén, non continuaron. Nos anos '60, coa creación da División de Honra da especialidade, o club estivo presente entre os clubs da elite, mais sempre un chanzo por detrás dos clubs de Terrassa ou o Reial Club de Polo.
Títulos
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fútbol Club Barcelona |
---|
Instalacións actuais: | |
---|
Instalacións desaparecidas: | |
---|
Seccións actuais: | |
---|
Seccións desaparecidas: | |
---|
Torneos: | |
---|
Outros: | |
---|