A sección de fútbol praia do FC Barcelona naceu en 2011, converténdose na 13ª sección deportiva activa do club catalán. Por mor da inexistencia dunha liga nacional deste deporte en España, o equipo adícase a encontros amigables ou de exhibición, principalmente durante as estacións de primavera e verán. Por tratarse do club máis importante do país neste deporte, o FC Barcelona de fútbol praia foi o único equipo español convidado en 2011 e 2012 ás 2 primeiras edicións do Mundial de Clubs disputadas no Brasil, caendo en ámbalas dúas ocasións na rolda de cuartos de final ante o Sporting Club de Portugal. Conquistou o título na edición de 2015.
O primeiro adestrador do equipo foi o internacional galego Ramiro Amarelle, que exercía funcións de xogador-adestrador. Outro xogador importante do equipo foi José Mari Bakero, o ex xogador internacional de fútbol. O cadro de xogadores do equipo nos seus inicios completouse con nomes como os campións do mundo con Rusia en 2011 Egor Eremeev, Andrey Bukhlistkiy (porteiro) e Dimitriy Shishin, o coruñés Nico Alvarado, o gaditano Cristian Torres, ou o internacional senegalés Al Seyni N'Diaye (porteiro).
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fútbol Club Barcelona |
---|
Instalacións actuais: | |
---|
Instalacións desaparecidas: | |
---|
Seccións actuais: | |
---|
Seccións desaparecidas: | |
---|
Torneos: | |
---|
Outros: | |
---|