A Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) é unha organización privada. No ano 1982 creou un logotipo e unha bandeira, a Bandeira Azul de Europa, para premiar ás praias e portos deportivos de maior calidade ambiental.
Cada ano, un xurado europeo valora as candidaturas presentadas polos concellos costeiros europeos e concede bandeiras azuis aos que cumpren unha serie de requisitos que son:
- Calidade da auga baseada nas análises oficiais.
- Seguridade, segundo a presenza de salvamento e socorrismo e teléfonos de urxencia.
- Existencia de servizos, papeleiras, vixilancia, posibilidade de acceso por transporte público, limpeza periódica.
- Accións de formación ambiental e información ao usuario.
Véxase tamén
Ligazóns externas