Froilán (nome)

Estatua de San Froilán na Catedral de Lugo.

Froilán[1] é un nome propio masculino galego. De orixe xermana, do antigo Froilanen, acusativo de Froila, do gótico fraujis («amo, señor»), de onde deriva froi, xunto ao diminutivo ila, polo que significa «pequeno señor». En galego tamén ten a variante Froila.[2]

En xaneiro de 2023 existían 44 varóns en Galicia co nome Froilán, cunha media de idade de 39,1 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Froila.

Historia

Nome galego usado no antigo Reino de Galicia, pasou de aí a outras linguas da Península Ibérica.

Onomástica

5 de outubro: San Froilán, relixioso galego, patrón de Lugo e bispo de León. Nesas datas son tamén as Festas de San Froilán de Lugo.

Variantes

  • Feminino: Froilana.
Variantes noutras linguas
Castelán Froilán
Catalán Froilà
Checo Froilan
Éuscaro Purlan
Francés Froilan
Galego Froilán, Froilano
Portugués Froilano, Froilão

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.