Francisco Reyes Santiás, nado en Manresa en 1961, é un economista e político galego.
Traxectoria
Fillo do neurocirurxián Francisco Reyes Oliveros, é licenciado en dereito e doutor en Económicas[1]. Foi asesor económico da consellería de sanidade e profesor asociado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Economista do Servizo Galego de Saúde traballa como experto en avaliación económica na Unidade de Epidemioloxía e Investigación clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Formou parte das listas do PSdeG ao concello de Santiago nas eleccións de 2011 resultando elixido concelleiro, foi voceiro do grupo municipal socialista e no ano 2014 os militantes elixírono en primarias como o candidato á alcaldía de Santiago de Compostela.[2]
Notas