Francisco Ponte Ces

Modelo:BiografíaFrancisco Ponte Ces
Biografía
Nacementoc. 1902 Editar o valor en Wikidata
Lousame, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro, sindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4290

Francisco Ponte Ces, nado en Lousame cara a 1902 e executado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un zapateiro e político e sindicalista galego.

Traxectoria

Zapateiro en Santiago de Compostela. Militante do Sindicato de construtores de calzado de Compostela da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 19 de novembro xunto cos demais membros do Comité de Defensa da República de Compostela, José Germán Fernández, Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Luis Rastrollo González, Luís Martínez Nouche, José Maroño Calvo, Jesús Lema Lema, Rafael Pardo Carmona, Fernando Domínguez Caamaño, Rafael Frade Peña e José Carnero Valenzuela,[1] acusados de traizón, foron condenado a pena de morte. Excepto Jesús Lema e José Carnero, foron executados no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.[2]

Notas

  1. El Compostelano, 19-11-1936, p. 2.
  2. El Compostelano, 3-12-1936, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-186-9.