Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2019[1], foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito e Graduado Social. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo (Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores e Manuel Vidán) que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Noche e Opinión Gallega. Estableceuse en Vigo como letrado e redactor de El Pueblo Gallego, e en 1978 foi elixido presidente da Asociación da Prensa de Vigo[2]. Colaborou na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Vida persoal
Casou con Nieves e tivo cinco fillos: Francisco Abel, José Ángel, Carmen Rosa, Nieves Pilar e Emma. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró[1].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos