Francisco Manuel Balboa

Modelo:BiografíaFrancisco Manuel Balboa
Biografía
Nacementoc. 1867 Editar o valor en Wikidata
Muxía, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJulio Balboa López Editar o valor en Wikidata

Francisco Manuel Balboa Lagoa, nado en Muxía cara a 1866 e finado na Coruña o 19 de marzo de 1954, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

Emigrou a América. Cando retornou instalou en Muxía unha fábrica de encaixes, Encajeras Peninsulares Reunidas SA. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi elixido vicepresidente en 1918[1] e conselleiro primeiro en 1921.[2] Foi o presidente da III Asemblea Nacionalista celebrada en Vigo en 1921. Morreu na Coruña o 19 de marzo de 1954 con 87 anos.[3][4]

Vida persoal

Casou con Fe López Abente e foi pai de Jesús Manuel, Cornelio, María de la Barca, Julio, Fe, Gonzalo, María de los Dolores, José e Francisco Balboa López.

Notas

  1. El Orzán, 23-4-1918, p. 2.
  2. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 212. ISBN 978-84-9121-304-8. 
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-3-1954, p. 7.
  4. La Noche, 22-3-1954, p. 2.