Francisco José Montesinos

Modelo:BiografíaFrancisco José Montesinos
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
A Mezquita, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Mezquita
1995 – 2007
← Sergio García FerreraJosé Luis Santamarina Ferro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata

Francisco José Montesinos Rodríguez, nado na Mezquita en 1966, é un político e empresario galego do PPdeG.

Traxectoria

Propietario dunha panadería e dun bar. Nas eleccións municipais de 1991 foi o número 2 do PPdeG na Mezquita e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde, novamente con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e perdeu a alcaldía tras un pacto entre PSdeG e BNG. Nese mandato foi designado deputado provincial.

En febreiro de 2011 abandonou o PPdeG, despois de que o presidente provincial do partido José Manuel Baltar disolvese o comité local e nomease outro candidato[1]. Nas municipais dese ano encabezou a formación independente Mezquitenses Agrupados e gañou amplamente as eleccións, quedando a moi poucos votos da maioría absoluta. Porén, non recuperou a alcaldía dado que o único concelleiro do PPdeG apoiou o candidato do BNG Rafael Pérez Vázquez e pasou a gobernar cos nacionalistas e os socialistas[2]. En xaneiro de 2014 presentou unha moción de censura co apoio dun concelleiro tránsfuga exsocialista, porén non puido debaterse dado que legalmente o voto do tránsfuga non era válido[3].

En novembro de 2014 regresou ó PPdeG[4], encabezando a súa candidatura nas municipais de 2015. Logrou se-la forza máis votada, pero sen maioría absoluta, polo que o nacionalista Rafael Pérez continuou gobernando grazas ao apoio do PSdeG.


Predecesor:
Sergio García Ferrera
 
Alcalde da Mezquita
 
1995 - 2007
Sucesor:
José Luis Santamarina Ferro

Vida persoal

É irmán de Andrés Montesinos, alcalde de Viana do Bolo polo PPdeG.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos