Francisco Jorquera

Modelo:BiografíaFrancisco Jorquera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 30 de setembro de 2012 – Rosana Pérez →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado do Parlamento de Galicia
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Twitter: jorqueracaselas Editar o valor en Wikidata

Francisco Xesús Jorquera Caselas, nado en Ferrol o 31 de agosto de 1961[1], é un político galego do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Traxectoria

Francisco Jorquera na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.

Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, época na que foi Secretario Xeral do ERGA e membro fundador dos CAF. Militou na Asemblea Nacional Popular Galega ata 1982, data fundacional do BNG, onde é membro fundador e actual Coordinador Executivo. Foi elixido como senador de representación autonómica no período (2005-2008) en substitución de Anxo Quintana. Nas Eleccións xerais de 2008 foi o cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, resultando elixido deputado por dita circunscrición. Nos comicios de 2011 foi reelixido.

O 29 de xaneiro de 2012 foi designado candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia para os comicios autonómicos de 2013, que finalmente foron adiantados ao 21 de outubro de 2012. Como consecuencia disto, abandonou o seu escano no Congreso dos Deputados en setembro de 2012, one foi substituído por Rosana Pérez. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas autonómicas de 2012. Coordinador en Galeuscat polo BNG, foi candidato á alcaldía da Coruña nas municipais de 2019.[2] Concelleiro do Bloque desde 2019, volverá ser o cabeza de lista da formación nas eleccións municipais de 2023.[3]

Vida persoal

Está casado e ten un fillo e unha filla.

Notas

  1. "Ficha en el Congreso de los Diputados.". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2021. 
  2. "Jorquera e Sanmartín encabezarán as candidaturas do BNG para as alcaldías da Coruña e Santiago" Praza Pública, 23 de xuño de 2018
  3. RAC (2022-09-16). "El BNG confirma a Francisco Jorquera como candidato a la Alcaldía de A Coruña". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-02-13. 

Véxase tamén

Outros artigos