Francisco Javier Boguerín Acedillo, nado en Madrid o 1 de decembro de 1824 e finado na mesma cidade o 2 de xullo de 1886, foi un enxeñeiro e político español.
Traxectoria
Enxeñeiro de Camiños, foi inspector de camiños, canais e portos e traballou no deseño da vía ferroviaria entre Vigo e Ourense. Foi elixido deputado polo distrito de Tui nas eleccións de 1876, e polo distrito de Redondela nas eleccións de 1879 e 1884.
Véxase tamén
Bibliografía