Francisco José Fraga Civeira[1] é un político galego que foi alcalde de Piñor.
Traxectoria
Membro do PSdeG-PSOE, foi candidato á alcaldía de Piñor nas eleccións municipais de 1999 e foi portavoz do partido na oposición. Nas eleccións municipais de 2003 logrou a vitoria e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 2007 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas municipais de 2011 volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta.
Nas municipais de 2015 volveu a sela candidatura máis votada, pero perdeu a maioría absoluta por un estreito marxe. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor do PPdeG ó alcanzar estes un acordo con dous edís independentes. Foi elixido deputado na Deputación de Ourense, sendo portavoz dende novembro de 2016. Porén, foi destituído en decembro de 2018[2] tras apoiar publicamente a Pachi Vázquez, do cal sempre foi un dos seus principais afíns, trala marcha deste do PSdeG.