Francisco Cobas

Modelo:BiografíaFrancisco Cobas
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–1968 Español Sociedad Deportiva
1962– Ural CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1969–1970   Deportivo Fabril
1971–1976   Deportivo da Coruña 28(2)

Francisco Antonio Cobas Vázquez, coñecido simplemente como Cobas, nado na Coruña o 14 de xuño de 1950, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria

Formouse como futbolista nas canteiras dos modestos clubs coruñeses Ural e Español e en 1968 ingresou no Fabril.[1] Militou durante tres campañas no filial do Deportivo da Coruña, dúas delas na Terceira División e outra na Serie A, e foi capitán do equipo.[2]

Para a tempada 1971/72 subiu ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División da man do adestrador Arsenio Iglesias o 10 de outubro de 1971, na sexta xornada de liga ante o Sporting de Gijón no Molinón. Saltou ao terreo de xogo preto do final do encontro, substituíndo a Cervera e formou na dianteira xunto a Cortés, Bustillo, Beci e Juanito.[3] No seu segundo partido coa camiseta do Deportivo marcou o seu primeiro gol, nunha derrota por 1-4 ante o Sabadell na Creu Alta, onde bateu ao gardameta vasco Irazusta.[4] Pechou a súa primeira campaña no primeiro equipo cun total de 11 partidos e un gol, pero perdeu peso no equipo na seguinte, na que disputou só dous encontros e na que descendeu a Segunda.

Recuperou protagonismo na campaña 1973/74, xogando 17 encontros e marcando un gol, pero o conxunto galego volveu descender por segundo ano consecutivo. Continuou no club na seguinte tempada, co equipo en Terceira, e co seu gol ante o Astillero converteuse no primeiro futbolista da historia do Deportivo en marcar en tres categorías diferentes, fito que só igualaron décadas máis tarde Bergantiños e Lucas.[5] Nesa campaña proclamouse campión de Terceira, logrando así o ascenso á Segunda División para a tempada 1975-1976.

Notas

  1. "Cobas está deseando volver a jugar". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 1971. p. 22. 
  2. "Multa al Turista". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de novembro de 1970. p. 18. Consultado o 11 de setembro de 2024. 
  3. "2-0: Al Gijón le "alfombraron el camino". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 1971. p. 20. 
  4. "jornada deportiva". La Región (en castelán) (18757). 23 de novembro de 1971. p. 25. Consultado o 11 de setembro de 2024. 
  5. Palleiro, Armando (8 de setembro de 2024). "Lucas Pérez, el único deportivista en marcar en las tres categorías y en Copa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2024.