Francisco Charlín

Modelo:BiografíaFrancisco Charlín
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Laxe, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Laxe
febreiro de 2024 –
← José Luis Pérez Añón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, pescador Editar o valor en Wikidata

Francisco Charlín Oróns, nado en Laxe cara a 1977, é un mariñeiro e político galego, alcalde de Laxe polo PPdeG.

Traxectoria

Mariñeiro de profesión, está embarcado nun barco pequeno (3 tripulantes)[1]. Entrou na política en 2011[1], cando pasou a integrar as listas do Partido Popular en Laxe aos comicios municipais, se ben non foi elixido, e a súa formación quedou fóra do goberno. Porén, foi gabeando na estrutura do Partido Popular local e nas eleccións municipais de 2019 foi no posto número 2, por detrás de quen ao cabo sería escollido alcalde, José Luis Pérez Añón, o primeiro dos conservadores en dúas décadas. Ao tempo, Charlín tamén se convertía en vicepatrón maior da confraría de pescadores de Laxe (2015).[1]

No goberno do PPdeG, Charlín foi nomeado primeiro tenente de alcalde. Debido á enfermidade do alcalde Añón, Charlín termou da vara de mando municipal xa por primeira vez[1] en 2022 durante dous meses, e logo ocasionalmente en 2023 e 2024. O PP revalidou a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2023, de novo con Charlín de segundo.

A retirada de Añón polos seus problemas cardíacos en febreiro de 2024 levouno a sentar na cadeira de alcalde xa de maneira definitiva.

Predecesor:
José Luis Pérez Añón
 
Alcalde de Laxe
 
2024 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Vida persoal

Está casado e ten proxenie.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Viu, Cristina (2022-01-16). "Francisco Charlín: «Levántome agora ás 4 da mañá para ir ao mar e facer de alcalde de Laxe»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-02-22.