Francisco Calo Lourido, nado en Porto do Son en 1948, é un antropólogo, arqueólogo e profesor galego.
Traxectoria
Licenciouse en Filosofía e Letras e
é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos e ensinou ata a súa xubliación no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC.
É patrón do Museo do Pobo Galego (do que foi secretario da Xunta Reitora), correspondente da Real Academia Galega e membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras entidades.
Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía. Traballou en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixiu as escavacións e consolidación do castro de Baroña.
Obra en galego
Ensaio
- As artes de pesca (1980). Museo do Pobo Galego.
- A cultura castrexa (1993). A Nosa Terra.
- Os habitantes dos castros (1994). A Nosa Terra.
- A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa, 2 tomos (1994). Fundación Barrié.
- Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes (1996). A Nosa Terra.
- Castro de Baroña (1997). Concello de Porto do Son.
- Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia (2010). Xerais.
- A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX (2023). Vigo: Xerais. 632 páxs. ISBN 978-84-1110-232-2. ePub: ISBN 978-84-1110-253-7.[1]
Narrativa
Obras colectivas
- Estudos de cultura castrexa e de historia antiga de Galicia, 1983, Universidade de Santiago.
- Castro de Baroña: campañas 1980-1984, 1986, Xunta de Galicia.
- Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
- Antropoloxía mariñeira: actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, 1998, Consello da Cultura Galega.
- Fainas do mar: vida e trabalho no litoral norte, 1999, Centro Regional de Artes Tradicionais, Porto.
- Pontevedra e o mar. Simposio de Historia Marítima do século XII ao XVI, 2003, Concello de Pontevedra.
- Caras de Pontevedra, 2005, A Nosa Terra.
- Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5.
Obra en castelán
Ensaio
- La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son, 1978, Universidade de Santiago.
Obras colectivas
Edicións
Premios
- Premio Antón Losada Diéguez no 2011, por Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas