Foton M é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos adicados á investigación de materiais e sucesores dos satélites Foton. O programa Foton foi desenvolvido para estudar o efecto da exposición ás condicións do espazo de diversos materiais. Os Foton M están formados en realidade á súa vez por dúas familias de satélites, os modelo 34KS e os 34 KSM.[1]
Foton-M 34KS
Os Foton M 34KS son unha versión mellorada dos Foton, con baterías melloradas, un mellor control térmico e melloras na telemetría e nas telecomunicacións para mellorar a capacidade de transmisión de datos para pasar ata 15 días no espazo. Lanzárose tres entre 2002 e 2007, todos a bordo de Soiuz U, co primeiro non chegando a órbita pola explosión do foguete durante o lanzamento. Tiñan unha masa de 6410 kg.[2]
Foton-M 34KSM
Os Foton M 34KSM sustitúen o módulo de propulsión típico dos Foton por un módulo Yantar que permite misións máis longas, de ata seis meses, para o cal, a diferenza dos modelos anteriores, necesitan usar paneis solares. A carga útil que poden levar a bordo incrementouse en 100 kg. A masa total deste modelo é de 6840 kg.[3]
Misións Foton M
Misión[2][3]
|
Data de lanzamento[2][3]
|
Data de regreso[2][3]
|
Notas[2][3]
|
Foton M 1
|
15 de outubro de 2002
|
N/A
|
Modelo 34KS. Destruído pola explosión do foguete lanzador.
|
Foton M 2
|
31 de maio de 2005
|
16 de xuño de 2005
|
Modelo 34KS.
|
Foton M 3
|
14 de setembro de 2007
|
26 de setembro de 2007
|
Modelo 34KS.
|
Foton M 4
|
18 de xullo de 2014
|
1 de setembro de 2014
|
Modelo 34KSM. Regresou antes de tempo por problemas técnicos.
|
Notas
- ↑ Mark Wade (2020). "Foton" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Foton-M 1, 2, 3 (34KS)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Foton-M 4, 5 (34KSM)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos