O Ford M151 MUTT ( Military Utility Tactical Truck ) é un vehículo militar de 1/4 ton desenvolvido pola Ford Motor Company para substituír o Willys MB, en servizo dende a segunda guerra mundial. Ten capacidade para catro pasaxeiros e unha autonomía de 482 km. Participou por vez primeira na guerra de Vietnam e estivo activo nos marines até 1990. Aínda é empregado polo Exército dos Estados Unidos como vehículo de asalto rápido. Foi gradualmente substituído polo vehículos de tipo Humvee.
O vehículo foi tamén fabricado por Kaiser Motors e AM General Corp.