O Focke-Wulf A 16 foi un avión de transporte monoplano lixeiro alemán para tres/catro pasaxeiros deseñado por Heinrich Focke e Georg Wulf. Sería o primeiro deseño fabricado pola súa nova compañía Focke-Wulf.
Desenvolvemento
Co éxito dos seus anteriores deseños Focke e Wulf crearon a compañía Focke-Wulf en 1924. O primeiro para a nova compañía foi o A 16, un avión para tres/catro pasaxeiros ou para transporte lixeiro fabricado totalmente en madeira. O A 16 voou por vez primeira o 23 de xuño de 1924 e fabricáronse polo menos 20 exemplares; 23 segundo Airbus Industrie. Airbus construíu un máis, sen capacidade para voar, que está exposto no aeroporto de Bremen.
O A 16 era un avión cunha á alta cantilever que tiña un perfil aerodinámico groso. O piloto sentábase nunha cabina aberta sobre a á mentres que os pasaxeiros ían na fuselaxe pechada debaixo deste. O tren de aterraxe contaba con grandes rodas montadas en cada lado da fuselaxe.
Variantes
- A.16a
- Variante impulsada por un motor Mercedes D.I de 75 kW.[1]
- A.16b
- Variante impulsada por un motor Junkers L1a de 63 kW.[2]
- A.16c
- Variante impulsada por un motor Siemens-Halske Sh 12 de 75 kW.[2]
- A.16d
- Variante impulsada por un motor Mercedes D.II ou D.IIa de 89 kW.[2]
Notas
- ↑ Stroud Aeroplane Monthly Xaneiro de 1987, pp. 41–42.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Stroud Aeroplane Monthly Xaneiro de 1987, p. 42.