Florencio Soto López, nado en Redondela en 1900 e finado no mesmo concello en xaneiro de 1975, foi un perito agrícola e político galego.
Traxectoria
Perito agrónomo. Na Segunda República foi concelleiro, sendo elixido 1º Tenente-Alcalde. Despois da dimisión de Pedro Otero Sestelo foi elixido alcalde. En xullo de 1932 asistiu á asemblea de redacción do Estatuto Galego convocada polo alcalde de Santiago. Deixou o cargo porque o Goberno suprimiu as corporacións elixidas polo artigo 29. Pertenceu á ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. En 1948 foi detido e estivo preso por rebelión militar. Finou en Redondela en xaneiro de 1975.[1]
Vida persoal
Casou con Nicolasa Otero Paz, filla de Ramón Otero Milleiro.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-1-1975, p. 11.
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 270–271. ISBN 84-8485-090-0.
Ligazóns externas