Florencio Pol Ramos España, nado en 1824 e finado na Coruña o 3 de xuño de 1902,[1] foi un notario e teósofo galego.
Traxectoria
Foi notario e escribán en Ordes dende 1852, onde financiou e promoveu a construción dun cemiterio civil gratuíto.[2] Coa chegada da I República (1873), participou na constitución dun comité federal en Ordes. En 1888 viaxou a Barcelona para apoiar a Romero Robledo. Dende 1885 aplicou curas magnéticas a miles de pacientes. Publicou artigos en Brisas y Tormentas e na revista esotérica Sophia, órgano oficial da Sociedad Teosófica. Entre 1873 e 1891 foi Presidente de Grupo desta sociedade. Publicou artigos de opinión sobre fenómenos paranormais acontecidos en España e Galicia. Foi tamén un estudoso da Biblia.
Obras
- Espello de Diputados [sic], 1838.[3] Asinado co pseudónimo Xan Porentrelas.
- El Secreto del Redentor, según Roma redimida.
- Inexistencia de la materia y existencia y modos vitales del Absoluto Ser, 1890.
- La Fé. Consideraciones bíblico-espiritistas, 1902.
Vida persoal
Casou con Francisca Caamaño Quiroga e foi pai de Sofía, Julio e Carlos Pol Caamaño.
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-6-1902, p. 3.
- ↑ Méndez Bejarano, Mario (1927). "Capítulo XVII. El siglo de las luces. XV. La teosofía". Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX (en castelán). Oviedo: Fundación Gustavo Bueno. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2024. Consultado o 28-1-2024.
D. Florencio Pol, notario en Órdenes, donde labró un cementerio civil gratuito y se hizo célebre por sus maravillosas curas magnéticas, se dedicó al estudio de la Biblia, publicó un trabajo acerca de la inexistencia de la materia y falleció el 2 de Julio de 1902.
- ↑ O título completo foi «Espello de Diputados, donde se deben mirar eses lurpias enmeigados, que quixeren diputar, é donde deben tomar todos os homes honrados exempros pra nos guiar, os que estamos chamuscados en vispras de nos queimar, cos demais, xa están queimados» (RAG, fondo Irmáns de la Iglesia, ES.GA.15030.ARAG/2.10.3.2.1.//Caixa 353-49-3).
Véxase tamén
Ligazóns externas