Florderrei Vello, tamén coñecido como Florderrei de Portas Abertas é unha aldea da parroquia de Arzádegos, no concello de Vilardevós. En 2009 tiña 89 habitantes.
Xeografía
Como en todo o concello o seu clima é oceánico de montaña, aínda que con algún matiz mediterráneo. Porén parece que Florderrei dispón dun microclima que provoca que durante o período de setembro se produza un estraño fenómeno: miles de formigas voadoras acoden a morrer na capela da Virxe das Portas Abertas no punto máis alto da aldea, que se atopa construída sobre un antigo castro[1][2].
Historia
O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochados os maquis Francisco Peña e mais Ángel Santos Rodríguez. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos. Os donos da casa, Amadeo Domínguez e Pilar Suárez, foron tamén asasinados. Amadeo foi asasinado no Pontón de Soutocobo nunha emboscada da Garda Civil, e Pilar foi torturada e ao día seguinte asasinada no Pinal da Carolina, preto de Florderrei Vello.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Arzádegos
Parroquias de Vilardevós
Véxase tamén
Ligazóns externas