Flipper

Flipper
OrixeSan Francisco, California,
Período1979 - 1987
1990 - 1995
2005 - presente
Xénero(s)punk rock, noise rock, post-punk, hardcore punk, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Subterranean, Alternative Tentacles, ROIR, American
MembrosTed Falconi
Steve DePace
Mike Watt
Antigos membrosKrist Novoselic
Will Shatter
John Dougerty
Ricky Williams
Bruno DeSmartas
Bruce Loose
Rachel Thoele
Artistas relacionadosThe Sleepers, Rad Command, Negative Trend, A3I, Nirvana, Frightwig, Mudwimin, Van Gough's Daughter, Scratch Acid, The Jesus Lizard, Minutemen
Na rede
flipperrules.com
Facebook: 32047285459 Twitter: flipperrules Instagram: _flipperofficial_ MySpace: flipper Musicbrainz: 4e99b3a5-654b-43ee-a9bf-c55c155c0495 Songkick: 503345 Discogs: 198152 Allmusic: mn0000187162 Editar o valor en Wikidata

Flipper é unha banda de punk e noise rock formada en San Francisco, California en 1979, tocando de xeito errático ata finais dos anos 90. No ano 2005 o grupo volveu reunirse. O grupo influenciou a un feixe de bandas de grunge,[1] punk rock e noise rock. O seu estilo punk ralentizado, conducido polo baixo e fortemente distorsionado considérase un precursor clave do sludge metal, e influenciou a bandas como Melvins e Nirvana, cuxo baixista Krist Novoselic tocou con Flipper nos anos 2000.[2]

Historia

Primeiros anos

Flipper foi creada polo antigo membro de Sleepers Ricky Williams (voces), o antigo membro de Rad Command Ted Falconi (guitarra), e os antigos membros de Negative Trend Will Shatter (baixo) e Steve DePace (batería).[3] Acreditouse a Williams bautizar a banda, pero este foi despedido antes de realizar ningunha gravación.[4] Bruce “Loose” Calderwood substituíu a Williams[4] e el e Shatter pasaron a intercambiar funcións vocales e de baixo, levando ámbolos dous un baixo no escenario.[5] Falconi, un veterano da guerra de Vietnam, tocaba un estilo de guitarra distorsionado único.[6][7]

As primeiras gravacións de Flipper apareceron a finais de 1979 no EP de 7 polgadas SF Underground publicado a través do novo selo Subterranean Records,[3] seguido do sinxelo de 7 polgadas "Love Canal"/"Ha Ha Ha" en 1980.

En 1981 lanzouse o sinxelo "Sex Bomb"/"Brainwash", que presentaba portadas feitas a man individualmente. A longa cara A tiña letras minimalistas ("She's a sex bomb, my baby, yeah") e gañou a notoriedade da banda dentro da comunidade punk. A formación orixinal lanzou o seu primeiro álbum de longa duración, Album – Generic Flipper, con Subterranean en 1982.[3] Gravouse durante un ano[5] e contiña unha nova versión de "Sex Bomb". Foi seguido máis tarde no ano con outro sinxelo en Subterranean, "Get Away"/"The Old Lady that Swallowed the Fly".

A banda actuaba con regularidade na área de San Francisco e atraeu a moitos seguidores. Simultaneamente, o seu enfoque único lento e estridente do punk conseguiu enfurecer a outros membros da escena punk local,[5] especialmente coa crecente popularidade do hardcore punk máis rápido.[8] Mark Arm afirmou, no documental de 2006 American Hardcore, que o encanto de Flipper como banda residía na súa capacidade de molestar ao público ao mesmo tempo que atraía a súa total atención e curiosidade. Os fans comezaron a pintar con spray "Flipper Rules" (Flipper manda) en varios lugares de San Francisco e, finalmente, no mundo.[8]

En 1983 a banda apareceu no filme independente de Rick Schmidt Emerald Cities. As imaxes dunha actuación en directo foron intercaladas ao longo da película, mostrando tres cancións: "One By One", "Get Away" e "Love Canal".[9]

O seu seguinte álbum de estudio foi Gone Fishin', editado en 1984 tamén por Subterranean.[3] A colorida furgoneta da portada, xunto coas figuras que representan a banda e o seu equipamento na contraportada, podía ser recortada e montarse. Subterranean tamén ofreceu portadas adicionais para aqueles fans que querían recortar a portada e montala.

Tamén e 1984, o selo de casetes ROIR lanzou Blow'n Chunks, unha gravación dun concerto de Flipper no CBGB de Nova York en novembro de 1983. Incluía material de todas as fases da existencia da banda ata esa data. O directo foi reeditado en CD en 1990. Unha reedición de 2001 incluía catro descartes da sesión en directo e en 2005 o disco reeditouse en vinilo.[10]

Flipper titulou o seu álbum dobre en directo de 1986 Public Flipper Limited, facendo referencia á banda Public Image Ltd. O álbum despregábase como un xogo de mesa cunha ruleta recortada e cartas de xogo, e Subterranean volveu proporcionar portadas adicionais por correo. O disco contiña gravacións ao vivo feitas entre 1980 e 1985.[11]

A formación orixinal separouse en 1987 despois dun período de xiras, e o vocalista Will Shatter morreu o 9 de decembro de 1987 por unha sobredose de drogas[4] despois de formar A3I. Subterranean compilou os sinxelos e as rarezas da banda como a colección de 1987 Sex Bomb Baby. A edición en casete e as reedicións posteriores en CD incluíron tres temas extra.

Despois de Will Shatter

A banda reapareceu en 1990 cun novo sinxelo con Subterranean, "Some Day"/"Distant Illusion", e comezou a actuar novamente ci¡on John Dougherty como novo baixista. Nürnberg Fish Trials, outro álbum ao vivo, foi lanzado en 1991. Esta formación publicou un novo álbum de estudio en 1992, American Grafishy, desta vez a través do selo do produtor Rick Rubin Def American, pero que non foi tan ben recibido como os seus anteriores traballos. Tamén en 1992 o membro fundador Ricky Williams morreu dunha sobredose de heroína.[12] A banda pararía en 1993 e John Dougherty morrería tamén dunha sobredose de drogas no ano 1997.[3]

Rubin tamén reeditou Album – Generic Flipper e o recompilatorio de sinxelos Sex Bomb Baby a través do seu selo Infinite Zero. En 1997 a maioría da música de Flipper estaba descatalogada, mantendo Rubin os dereitos. Como parte dun acordo legal, Subterranean recibiu o dereito de reeditar os seus discos de Flipper en vinilo nos Estados Unidos.

Reformas

En 2002, Loose (usando un bastón) regresou para realizar un único concerto no club 924 Gilman Street de Berkeley como "Not Flipper". Afirmou que cambiou o seu nome de Bruce Lose a Bruce Loose "porque quería ser menos negativo" (lose significa perder).[5][13]

Os membros orixinais de Flipper, agás o falecido Shatter (con Bruno DeSmartass substituíndo de novo a Shatter,[5] como fixera nunha xira en 1982), reuníronse para apoiar o CBGB os días 22 e 28 de agosto de 2005.[5] Esta formación continuou tocando en directo a partir de 2006.

En decembro de 2006, DeSmartass foi substituído por Krist Novoselic (ex-Nirvana) no baixo para unha xira polo Reino Unido e Irlanda, así como para varios concertos nos Estados Unidos.[14] O tema "Scentless Apprentice", que a banda gravou (sen Novoselic) para un álbum tributo a Nirvana do ano 2000, engadiuse á lista de cancións ao vivo da banda.

En 2008 a banda gravou un novo álbum con Novoselic.[15] O 19 de maio de 2009 Flipper lanzou dous traballos, o álbum Love co novo material de estudio, e o álbum ao vivo Fight con cancións novas e antigas.[16] Os dous discos foron producidos polo produtor de Seattle Jack Endino e foron ben recibidos. Novoselic anunciou a súa saída da banda en setembro de 2009 debido a responsabilidades na casa, o que obrigou a cancelar a xira.[17] Foi substituído por Rachel Thoele, antes en Frightwig, Mudwimin e Van Gough's Daughter.[5]

Varios álbums de Flipper foron reeditados en distintos formatos entre 2008 e 2009. Album – Generic Flipper, Gone Fishin', Public Flipper Limited e Sex Bomb Baby! reeditáronse en CD por Water Records nos Estados Unidos e Domino Recording Company no Reino Unido,[16] e en vinilo polo selo 4 Men with Beards.

Flipper tocou dous concertos no Bottom of the Hill de San Francisco os días 10 e 11 de outubro de 2015, con DeSmartass regresando ao baixo e David Yow (anteriormente de Scratch Acid e The Jesus Lizard) na voz.

En 2019, Flipper decidiu tocar algunhas datas para celebrar o seu 40 aniversario.[2] A encarnación da banda en 2019 estaba formada por Steve DePace, Ted Falconi e David Yow.[2] Sen un baixista permanente, a banda contou con Rachel Thoele na súa xira por América do Norte entre os meses de abril e xullo,[18] e con Mike Watt (cuxa banda anterior Minutemen tocara con Flipper 36 anos antes) na súa xira por Europa en xullo e agosto.[19]

Tamén en 2019 a banda uniuse aos Melvins para o lanzamento do EP Hot Fish. Na cara A as dúas banda colaboran nun tema novo, "Hot Fish", e realizan unha versión da canción de Flipper "Sacrifice". Na cara B aparecen so Melvins versionando os temas de Flipper "Flipper Blues" e "I Saw You Shine".[20]

Discografía

Álbums de estudio

Álbum Ano Selo
Album – Generic Flipper 1982 Subterranean Records
Gone Fishin' 1984 Subterranean Records
American Grafishy 1993 Def American
Love 2009 MVD Audio

Álbums ao vivo

Álbum Ano Selo
Blow'n Chunks 1984 ROIR
Public Flipper Limited 1986 Subterranean Records
Nürnberg Fish Trials 1991 Musical Tragedies
Live at CBGB's 1997 Overground
Fight 2009 MVD Audio

Notas

  1. Novoselic, Krist (2008-06-24). "My Life Into, and Inside, Flipper". Seattle Weekly (en inglés). Consultado o 2020-07-30. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Iconic punk rock band is back and trying ‘to do it bigger than ever’". The Mercury News (en inglés). 2019-04-17. Consultado o 2020-07-30. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "CBS SF Talks To Flipper Drummer Steve DePace - CBS San Francisco". www.cbsnews.com (en inglés). 2019-07-10. Consultado o 2024-10-04. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Meet Flipper’s Ted Falconi, Vietnam Vet And Punk Rock Legend". KPBS Public Media (en inglés). 2017-11-16. Consultado o 2024-10-04. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Life Is The Only Thing Worth Living For: Flipper Interviewed". Clash Magazine Music News, Reviews & Interviews (en inglés). 2019-07-26. Consultado o 2024-10-04. 
  6. "Riff Raff". SF Weekly. 2017-10-16. Consultado o 2024-10-04. 
  7. "Interview with Flipper guitarist Ted Falconi". Guitar Site. Consultado o 4 de outubro de 2024. 
  8. 8,0 8,1 "Flipper’s Steve DePace". AV Club (en inglés). Consultado o 2024-10-04. 
  9. "Emerald Cities (1983) - Soundtracks - IMDb" (en inglés). Consultado o 2024-10-04. 
  10. "Flipper – Blow'n Chunks (Live)". Discogs. Consultado o 5 de outubro de 2024. 
  11. "Perfect Sound Forever: Flipper's PUBLIC FLIPPER LIMITED". www.furious.com. Consultado o 2024-10-04. 
  12. "Flipper Redux". SFWeekly. Consultado o 5 de outubro de 2024. 
  13. York, Will (2-8 de marzo de 1999). "This punk's not dead". San Francisco Bay Guardian
  14. "Flipper Still Rules, With Nirvana’s Krist Novoselic in Tow". LAWeekly. Consultado o 5 de outubro de 2024. 
  15. "Flipper Drafts Novoselic For New Album". Billboard (en inglés). 2008-01-04. Consultado o 2024-10-05. 
  16. 16,0 16,1 Breihan, Tom (2009-05-08). "New Flipper Albums, Reissues on the Way". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 
  17. "News Ticker: Radiohead, Aerosmith, “War Child” and Flipper : Rolling Stone : Rock and Roll Daily". web.archive.org. 2008-09-23. Consultado o 2024-10-05. 
  18. Bloom, Madison (2019-03-07). "Flipper Announce 40th Anniversary Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 
  19. Edwards, Briony (2019-07-30). "Mike Watt's guide to Flipper". louder (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 
  20. Gentile, John (2019-09-05). "Melvins/Flipper - Hot Fish [EP]". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Artikel utama: Vincent van Gogh Tidur Siang saat Bekerja (mengambil inspirasi dari Millet)SenimanVincent van GoghTahun1890MediumMinyak di kanvasLokasiMusée d'Orsay, Paris Salinan karya Vincent van Gogh merupakan sejumlah lukisan penting yang dibuat oleh Vincent van Gogh dari tahun 1887 hingga awal 1890. Setelah ia secara sukarela masuk ke Rumah Sakit Jiwa Saint-Paul di Saint-Rémy-de-Provence, ia berjuang untuk menemukan subjek lukisan untuk musim dingin. Ia akhirnya memutuskan untuk membuat...

جبال الالب الجوليانيه البلد [1] التقسيم الاعلى سلوفينيا  إحداثيات جغرافيه 46°22′00″N 13°49′00″E / 46.36666667°N 13.81666667°E / 46.36666667; 13.81666667  [2] الارتفاع الطول العرض المساحه تعديل  بوابة جغرافيا جبال الالب الجوليانيه (Julian Alps) هيا نجد و سلسله جبليه فى سلوفينيا. المكان جب�...

Pour un article plus général, voir Votre plus beau marché. Les 22 anciennes régions françaises, avec La Réunion et la Guyane, la Guadeloupe et la Martinique[n° 1] — soit un total de 24 — sont représentées. Les sélections départementales et régionales du plus beau marché de France sont organisées chaque début d'année depuis 2018, par la presse quotidienne régionale (PQR), via un espace dédié sur leur site. Les lecteurs de la PQR votent pour élire le plus beau ...

سيفروس سنيب (بالإنجليزية: Severus Snape)‏    معلومات شخصية الميلاد 9 يناير 1960  الوفاة 2 مايو 1998 (38 سنة)   سبب الوفاة ناجيني ثعبان فولدمورت مواطنة المملكة المتحدة  عضو في أكلة الموت،  وجماعة العنقاء  منصب مدير مدرسة هوجورتس ,معلم الدفاع ضد السحر الاسود ,معلم وصفات ال�...

توني وودكوك معلومات شخصية الميلاد 6 ديسمبر 1955 (العمر 67 سنة) الطول 1.78 م (5 قدم 10 بوصة) مركز اللعب مهاجم الجنسية المملكة المتحدة  مسيرة الشباب سنوات فريق Priory Celtic نوتينغهام فورست المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) 1974–1979 نوتينغهام فورست 129 (36) 1976 ← لينكولن سيتي (إعارة...

Spanish poet (1881–1958) You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Spanish. (September 2021) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the Spanish article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translat...

Jalur AgatsumaSebuah KRD 115 series di Stasiun Ōmae, November 2006IkhtisarNama asli吾妻線JenisKereta api regionalLokasiPrefektur GunmaTerminusShibukawaŌmaeStasiun18OperasiDibuka1945PemilikEast Japan Railway CompanyData teknisPanjang lintas556 km (345,5 mi)Lebar sepur1.067 mm (3 ft 6 in)Elektrifikasi1,500 V DC listrik aliran atas Peta rute Jalur Agatsuma (吾妻線code: ja is deprecated , Agatsuma-sen) adalah sebuah jalur kereta api lokal di Gunma, Jepang, da...

1992 single by the Shamen LSI (Love Sex Intelligence)Single by the Shamenfrom the album Boss Drum B-sideMake It MinePossible WorldsReleased6 July 1992Length3:43Label Virgin France S.A COMA Records (DK) One Little Indian Rough Trade Germany Songwriter(s) Colin Angus Richard West Producer(s)The ShamenThe Shamen singles chronology Move Any Mountain (1991) LSI (Love Sex Intelligence) (1992) Ebeneezer Goode (1992) Music videoLSI (Love Sex Intelligence) on YouTube LSI (Love Sex Intelligence) is a s...

Ethnographic Museum in Yaoundé , CameroonBlackitude MuseumMusée BlackitudeEstablished2000LocationYaoundé , CameroonCoordinates3°51′51″N 11°31′06″E / 3.864206°N 11.518345°E / 3.864206; 11.518345TypeEthnographic MuseumCollection size2070 objectsVisitors1070 (2011)DirectorTchuisseu Nana ChristianPresidentFo NAB Ngo I NANA AgnesCuratorKaji AppolinaireWebsitewww.blackitude.org Blackitude Museum is an ethnographic museum in Yaoundé; Cameroon. The museum proje...

Hospital in Busoga sub-region, UgandaKamuli General HospitalUganda Ministry of HealthGeographyLocationKamuli, Kamuli District, Busoga sub-region, UgandaCoordinates00°56′50″N 33°07′16″E / 0.94722°N 33.12111°E / 0.94722; 33.12111OrganisationCare systemPublicTypeGeneralServicesEmergency departmentIBeds100HistoryOpened2000LinksOther linksHospitals in Uganda Kamuli General Hospital, also Kamuli District Hospital or Kamuli Government Hospital is a hospital in Kam...

Расположение Плиты рифа Конвей Плита рифа Конвей — тектоническая микроплита. Имеет площадь 0,01585 стерадиан. Обычно рассматривается в составе Тихоокеанской плиты. Расположена на юге Тихого океана западнее Фиджи. На западе она имеет конвергентную границу с Новогебридс...

Norwegian jurist and politician Henrik Ameln Henrik Ameln (29 April 1879 – 17 September 1961) was a Norwegian jurist and politician for the Conservative Party. He was a mayor of Bergen, and served five terms in the Parliament of Norway.[1][2] Personal life He was born in Bergen and grew up on Fjøsanger. He was the son of Theodor Poul Lauritz Ameln (1847–1925) and his wife Olivia Dorothea Hildegund Wilander (1849–1912). He was the nephew of Johan Gerhard Theodor Ameln,&#...

Garment designed to facilitate sex in weightless environments Logo emblem designating spacesuit functionality as a 2suit The 2suit (alternately 2-Suit or twosuit) (abbrv. 2S) is a garment designed to facilitate sex in weightless environments. It has been tested in microgravity during a parabolic flight.[1] History Mission patch: pioneering human intimacy in space. The 2suit is one small step for humankind colonizing the universe. History Channel, The Universe: Sex in Space The 2Suit w...

Study of formal speaking in pronunciation, grammar, style, and tone Elocutionist redirects here. For the racehorse, see Elocutionist (horse). Not to be confused with Electrocution. This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (May 2019) (Learn how and when to remove this template message) An accomplished elocutionist, an illustration of elocutionist perform...

Pakaian Suku Adat Matabesi Kampung Adat Matabesi merupakan salah satu desa yang terletak di Kabupaten Belu, Atambua, Nusa Tenggara Timur.[1] Terdapat 12 suku yang menetap di kampung adat Matabesi. Suku-suku itu diantaranya adalah Uma Isberan atau Uma Kakaluk sebagai pusat atau induk dari keduabelas suku, Uma Bot, Uma Bei Hale uma bot, Uma Bei Hale kiik, Uma Bei Bere, Uma Matabesi kiik, Uma Ba'a, Uma Mahein Lulik, Uma Meo, Uma Manehat, Uma Mane Ikun dan Uma Lokes. Masing-masing suku me...

Former Tunisian Francophone newspaper This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (August 2016) (Learn how and when to remove this template message) L'Action TunisienneCover of L'Action Tunisienne (May 4, 1933), with the headline story reporting on the Naturalized Tunisian issue.TypeDaily newspaperFormatBroadsheetFounder(s) Habib Bourguiba Mahmoud El M...

Electoral district and pene-enclave in County Monaghan, Ireland For other uses, see Drummully (disambiguation). Boundary of Drummully electoral division in red, and the rest of the County Fermanagh-County Monaghan border in violet 54°8′35″N 7°18′35″W / 54.14306°N 7.30972°W / 54.14306; -7.30972 Drummully or Drumully (Irish: Droim Ailí;[1] rocky ridge[2]) is an electoral division (ED) in the west of County Monaghan in Ireland. Known as the Si...

2005 film by Luca Guadagnino Melissa P.Italian theatrical release posterDirected byLuca GuadagninoScreenplay by Barbara Alberti Cristiana Farina Luca Guadagnino Story by Luca Guadagnino Christiana Farina Based on100 colpi di spazzola prima di andare a dormireby Melissa PanarelloProduced by Francesca Neri Claudio Amendola José Ibáñez Starring María Valverde Fabrizia Sacchi Primo Reggiani Nilo Mur Elio Germano Letizia Ciampa Davide Pasti Alba Rohrwacher Piergiorgio Bellocchio Giulio Berruti...

Heritage railway in Derbyshire, England This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Peak Rail – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2012) (Learn how and when to remove this template message) Peak RailCommercial operationsOriginal gauge4 ft 8+1⁄2 in (1,435 mm) stand...

FilmDark RisingDirected byAndrew CymekWritten by Andrew Cymek Mihkel Harilaid Produced by Mihkel Harilaid Brigitte Kingsley Productioncompanies Black Walk Defiant Empire Dark Rising is a sword and sorcery adult-oriented franchise of two made-for-television films, a twelve-episode television miniseries and another five-episode television miniseries, from the husband and wife team of Andrew Cymek and Brigitte Kingsley. The franchise is written by creator Cymek, produced by Kingsley and adapted ...