A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1958/59 foi a 57ª final desde a creación da competición. Tivo lugar o 21 de xuño de 1959 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Barcelona e o Granada. O Barcelona levantou o trofeo por 14ª vez na súa historia, tras gañar por 4-1.[1][2]
Antecedentes
Foi a 18ª final de Copa do FC Barcelona, que contaba naquel momento con 13 títulos no seu haber. Regresaba a unha final dous anos despois da última, cando derrotara ao Espanyol no estadio de Montjuïc na final da edición de 1957. O Granada, pola contra, disputaba por primeira vez e única vez na súa historia unha final.
O Barcelona chegou á final despois de eliminar a Murcia, Sporting de Gijón, Betis e Real Madrid, e goleou por senllos 6-0 a asturianos e andaluces.[3][4] O Granada pola súa banda deixou no camiño a Elche, Cádiz, Plus Ultra e Valencia, conseguindo tamén amplas goleadas, como un 8-1 sobre o Elche e un 6-0 sobre o Cádiz.[5][6]
A final
Detalles do partido
Aliñacións
Notas
- ↑ "Barcelona, 4 - Granada, 1". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xuño de 1959. p. 2. Consultado o 21 de outubro de 2022.
- ↑ "El Barcelona se proclamó campeón del torneo de Copa de S.E. el Generalísimo, al vencer al Granada por 4 goles a 1". La Noche (en castelán) (11785). 22 de xuño de 1959. p. 4. Consultado o 21 de outubro de 2022.
- ↑ "Barcelona, 6 - Gijón, 0". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de maio de 1959. p. 3. Consultado o 22 de outubro de 2022.
- ↑ "R. Betis, 0 - Barcelona, 6". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de maio de 1959. p. 3. Consultado o 22 de outubro de 2022.
- ↑ "Granada, 8 - Elche, 1". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de abril de 1959. p. 5. Consultado o 22 de outubro de 2022.
- ↑ "Granada, 6 - Cádiz, 0". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de maio de 1959. p. 5. Consultado o 22 de outubro de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas