Finais dos 70s, comezos dos 80s é o segundo disco do grupo Fanny + Alexander, publicado no 2007. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo, e en formato CD. Está editado baixo licenza Creative Commons 2.0.
A maioría dos temas son letras musicadas de autores galegos. En "Berlín" é a propia autora quen o recita. Outro dos temas é unha versión do grupo inglés The Smiths, e outros dous son remesturas feitas por Projecto Mourente.
Neste disco segue a experimentación iniciada no primeiro, Lusco e Fusco. Seguindo coa base pop e electrónica, acércanse a unha gran variedade de estilos contemporáneos e tradicionais dende unha óptica netamente experimentadora.
A portada é unha imaxe de Mike Schultz.
Lista de cancións
- "Maria Silenzo" (letra de Ricardo Carvalho Calero)
- "Amei-te tanto" (letra de Pilar Pallarés)
- "Danzarei para ti... se botas outra moeda" (letra de Elvira Riveiro)
- "Cando eu era mozo"
- "Funcionaria ou estudante" (letra de María do Cebreiro)
- "Postpunkdeirada" (letra de Lois Pereiro)
- "A estación sen ti" (letra de Daniel Salgado)
- "Asi é imposible" (letra de Minus Bálido Rodríguez)
- "Pánico (merda de DJ)" (versión de The Smiths)
- "Danzarei para ti (Projecto Mourente Remix)"
- "Sós/S.O.S. (Projecto Mourente Remix)"
- "Berlín (con María Lado)" (letra de María Lado)
Véxase tamén
Ligazóns externas