FileZilla é un software libre e multiplataforma, consistindo do FileZilla Client e do FileZilla Server. Os binarios están dispoñibles para Windows, Linux e macOS. Soporta FTP, SFTP, e FTPS (FTP sobre SSL/TLS). No 18 de abril de 2011, o Filezilla Client era a sétima descarga máis popular de tódolos tempos en SourceForge.net. O soporte para SFTP (SSH File Transfer Protocol) non está implementado no Filezilla Server.
O código fonte de Filezilla está aloxado en SourceForge.net e o proxecto foi nomeado como Proxecto do Mes en novembro de 2003. A pesar da similitude do nome con Mozilla, FileZilla non ten relación co proxecto.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas