Filandia é un concello colombiano pertencente ó departamento de Quindío. Ten unha superficie de 100,9 km²[1] e unha poboación de 13 412 habitantes (2015).[2][3] O territorio que hoxe constitúe Filandia estivo habitado antes da súa fundación por unha banda da tribo indíxena dos quimbayas. As terras de Filandia pertenceron ó que os conquistadores españois chamaron inicialmente, en 1540provincia Quimbaya.
Límites do concello
Limita polo norte co departamento de Risaralda; polo sur co concello de Circasia; polo leste co concello de Salento e Circasia; polo oeste con Quimbaya e Valle del Cauca. Ten 24 vereas; considerado como tal o correxemento da India, este está composto por 5 vereas máis.