Fetch the Bolt Cutters é o quinto álbum de estudio da cantautora estadounidense Fiona Apple, publicado o 17 de abril de 2020 a través do selo Epic Records. Trátase do primeiro lanzamento de Apple dende o álbum The Idler Wheel... en 2012. O traballo gravouse entre 2015 e 2020, principalmente na casa de Apple en Venice Beach. Foi producido e interpretado por Apple xunto con Amy Aileen Wood, Sebastian Steinberg e Davíd Garza; a gravación consistía en tomas longas, moitas veces improvisadas, con sons de percusión non convencionais. Utilizouse GarageBand durante gran parte desta gravación, e Fiona Apple atribuíu a voz inédita e as longas tomas do álbum á súa falta de experiencia co programa.
Listaxe de cancións
Todos os temas por Fiona Apple, agás onde se indique.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"I Want You to Love Me" |
3:56 |
2. |
"Shameika" |
4:08 |
3. |
"Fetch the Bolt Cutters" |
4:58 |
4. |
"Under the Table" |
3:20 |
5. |
"Relay" (contén un sample de "My Kettle, My Cats" por Sebastian Steinberg) |
4:50 |
6. |
"Rack of His" |
3:42 |
7. |
"Newspaper" |
5:32 |
8. |
"Ladies" (letras escritas por Apple; música composta por Steinberg e Davíd Garza) |
5:25 |
9. |
"Heavy Balloon" |
3:26 |
10. |
"Cosmonauts" |
4:00 |
11. |
"For Her" |
2:43 |
12. |
"Drumset" |
2:40 |
13. |
"On I Go" |
3:09 |
51:49 |