O Festival de Mozos Músicos de Eurovisión 2022 (Eurovision Young Musicians 2022, en inglés e en francés: Concours Eurovision des jeunes musiciens 2022) é a vixésima edición do festival despois da cancelación da edición de 2020 pola pandemia do Covid-19 que se tería celebrado en Zagreb Crocia por primeira vez na Praza Rei Tomislav e coincidindo co día da música[1]. Onde só tería 11 países participantes (Alemaña, Croatia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Malta, Noruega, Polonia, Suecia e Ucraína).
Localización
O festival celebrarase no sur de Francia, na cidade occitana de Montpellier no mes de xullo[2] (por primeira vez). Será a primeira que sexa acollido pola nación gala.
Participantes
Outros países
Membros activos da UER
- Dinamarca: Descartou regresar.[8]
- Eslovenia: O país tería participado na edición de 2020 con Sebastijan Buda e a súa trompa. Descartou regresar debido a problemas financeiros.[9]
- Gales: Descartou o seu debut.[10]
- San Marino: Descartou regresar.[11]
Posibles regresos
- España: Descartou regresar na edición de 2020. Aínda que estivo pensando en participar ata o final pero chegou a pandemia do Covid-19.[12] Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento.</ref>
- Italia: Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento.
- Reino Unido: Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento..
Membros asociados da UER
- Australia – O país emitiu a edición de 2004 pero nunca participou no festival.
- Casaquistán – Para que a emisora pública de Casaquistán Khabar Agency (KA) participe no festival, debe recibir unha invitación da UER e da emisora organizadora do concurso. O país ata agora só participou en Eurovisión Junior.
Non membros da UER
- Belarús – A emisora bielorrusa BTRC foi expulsada da UER o 1 de xullo de 2021 despois de que a súa entrada non cumprise as regras da EBU. A súa última aparición foi en 2012 coa Alexandra Dzenisenia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas