É o festival máis antigo de Portugal e tamén da península Ibérica.[1] As súas orixes remóntanse a 1965, cando comezou a celebrarse como un festival de folk, pero non sería ata 1971 cando se converteu nun festival de música rock. Nese ano tocaron en Vilar de Mouros artistas como Elton John e Manfred Mann's Earth Band, e esa edición foi bautizada como o Woodstock portugués.[2]