Os inicios desta festa remóntanse ao ano 2002, onde un grupo de xente da zona se uniu para colaborar e levar adiante a festa do caracol.
Desenvolvemento
Ten lugar na carballeira da Ponte da Devesa. A festa arranca ao mediodía coa repartición de centos de quilos de caracois de balde entre os asistentes. O menú consiste en caracol preparado ao estilo rioxano, existindo tamén tamén a posibilidade de degustar churrasco e polbo.
Ao remate do xantar un grupo musical ameniza o evento ata ben entrada a tarde.