A festa da cebola rechea comezou a celebrarse en 1972, da man de José Manuel Blanco. O prato fora creado no Venres Santo de 1927 por Aniceta Fueyo "La Nina", propietaria do restaurante La Laguna. Ao ser día de vixilia, ocorréuselle encher as cebolas con atún en conserva. O prato colleu sona da man de Aurora, do restaurante La Conda. En 1972 presentouse a festa gastronómica da man da propia Nina. O seu neto, Mario Antuña, leu o pregón da festa de 2004.
O evento celébrase arredor do 30 de novembro, organizada pola Sociedá Cultural y de Fiestes de L'Entregu. Amais das cebolas recheas, os menús adoitan incluír callos e sobremesas como casadielles, arroz con leite ou frixuelos.
O prato
As cebolas pélase e fáiselles un oco no interior. Nunha tixola faise un sofrito con allo, a cebola extraída e pemento, e despois engádeselle tomate, sal e pemento chile. O recheo prepárase mesturando o sofrito con atún ou carne picada, e parte do sofrito úsase para o prebe, xunto con loureiro, viño branco e pementón. Cócense moi devagar, e sérvense con pemento, ovo e perexil picado[6]