A fervenza o Escouridal é unha fervenza situada no río Guilfonso, entre os concellos de Alfoz (parroquia do Pereiro) e O Valadouro (parroquia do Cadramón). Está entre as máis altas de Galicia, contando os varios tramos que a constitúen.
Características
Ten acceso dende O Cadramón e dende O Pereiro, este máis curto (pouco máis de 3 km entre ida e volta) e doado, se ben o último tramo é cualificado na literatura como de dificultade media.
Forma parte do río Guilfonso, que logo dá nacemento ó río Ouro, estando situada a fervenza nas abas da serra do Xistral, unha zona de pluviosidade elevada. A parte central da fervenza ten 80 m de desnivel, se ben o conxunto achégase ós 150 m.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía