Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Ferroi.
Santiago de Ferroi é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 201 habitantes, deles 98 eran homes e 103 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Historia
As noticias documentais están relacionadas coa pertenza a esta parroquia dunha parte dos termos de Alvarín, Tosende e Lázare. No ano 1178, o rei cédelle á condesa Tareixa cinco igrexas no territorio de Pallares, entre elas a de Santiago de Ferroi. O papa Lucio III, por pedimento do bispo Rodrigo II, por bula do 2 de agosto de 1185, confírmalle á igrexa de Lugo a posesión das súas terras, entre elas esta freguesía.
O templo parroquial é relativamente recente, pero conserva elementos da antiga fábrica románica.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Ferroi
Parroquias de Guntín
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas