O ferreiriño dos piñeiros[1] (Periparus ater, antes Parus ater) é unha ave paseriforme da familia Paridae.
Descrición
O ferreiriño é pequeno, mide apenas 11 cm e 8 ou 10 gr de peso. A súa plumaxe é ben característica, coa cabeza negra cunha caracterísca mancha branca na caluga que destaca sobre o resto da plumaxe; o seu lombo é cinsento.