Fernán

Fernán[1] é un nome propio masculino galego. De orixe xermana, provén do godo, Firthunands, Firthu quere dicir "paz", que en alemán é Friede e nands, que significa audaz. Era común na Idade Media cando ía acompañada do patronímico ou do alcume (coma no caso de Fernán Pérez de Traba).[1]

En xaneiro de 2023 existían 38 varóns en Galicia co nome Fernán, cunha media de idade de 31,5 anos.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos